Galicia supera os 5.000 casos por vez primeira nesta segunda vaga

Una mascarilla con una ilustración alusiva al distanciamiento social.
photo_camera Unha máscara cunha ilustración alusiva ao distanciamento social.

Galicia rexistrou outros 417 positivos por Covid-19 nas últimas 24 horas, deles 98 na área sanitaria de Vigo; 75 na de Santiago e Barbanza; 66 na de Ourense e 54 na da Coruña. 

Mentres, a de Ferrol rexistrou outros 45 positivos; a de Lugo, 41 e a de Pontevedra e O Salnés, 38, segundo a información actualizada na web da Consellería de Sanidade na mañá deste luns con datos recollidos até as 18,00 horas do domingo. 

Os casos activos aumentaron nas últimas 24 horas en 169 e sitúanse en 5.101 na Comunidade galega. Con respecto ás áreas sanitarias galegas, aumentaron en todas salvo na de Ourense, na que descenderon a 1.516, o que supón 61 menos que este domingo. 

Este luns, a da Coruña e Cee conta con 852 casos activos, o que supón 13 máis que este domingo; a de Vigo, con 791 -83 máis-; a de Santiago e Barbanza rexistra 762 -43 máis-; a de Lugo, 483 -33 máis-; a de Pontevedra e O Salnés, 475 -18 máis- e a de Ferrol, 222 -40 máis-. 

VÍTIMAS E PCRS. Até a data curáronse en Galicia 23.578 persoas, o que supón 252 máis que as contabilizadas até este domingo e faleceron con Covid-19 na Comunidade galega 822 persoas. Este domingo pola tarde foron notificadas as mortes dun home e tres mulleres diagnosticadas, estas últimas usuarias da residencia Vos Gozos de Pereiro de Aguiar (Ourense). 

A Comunidade galega realizou até o momento 592.162 PCR fronte ás 586.482 rexistradas até este domingo. A cifra de contaxiados até a data ascende a 29.501 na Comunidade galega.