viernes. 10.07.2020 |
El tiempo
viernes. 10.07.2020
El tiempo

A Garda Civil incauta un crocodilo disecado a un veciño de Arteixo

O crocodilo disecado incatuado. GARDA CIVIL
O crocodilo disecado incatuado. GARDA CIVIL
A investigación iniciouse cando se detectou a publicación dun anuncio sobre a venda da peza nunha coñecida páxina de venda de obxectos de segunda man

O equipo do SEPRONA da Garda Civil da Coruña aprehendeu un crocodilo disecado que posuía un veciño de Arteixo, no marco do Plan de acción español contra o tráfico ilegal e o furtivismo internacional de especies silvestres.

A investigación iniciouse cando a unidade policial contra delitos ambientais detectou a publicación dun anuncio sobre a venda dun crocodilo disecado nunha coñecida páxina de venda de obxectos de segunda man, informou a Garda Civil.

En concreto, trátase dunha especie ameazada, da Orde Crocodylia, polo que a súa comercialización está regulada na lexislación CITES, de aplicación en España.

O propietario do espécime non achegou ningún tipo de documentación que acreditase a súa legal tenencia en materia de comercio de especies ameazadas de fauna e flora silvestres, de acordo co establecido pola regulamentación da Unión Europea.

Así, a Garda Civil levantou acta por presunta infracción administrativa á Lei de represión do contrabando e incautou o espécime, que foi depositado na Dependencia Provincial de Aduanas e Impostos Especiais da Coruña, Autoridade competente na materia. 

A Garda Civil incauta un crocodilo disecado a un veciño de Arteixo