miércoles. 25.11.2020 |
El tiempo
miércoles. 25.11.2020
El tiempo

A Garda Civil intensifica os controis nas principais vías de acceso a Galicia

Control da Gardia Civil en Ribadeo. EUROPA PRESS
Control da Gardia Civil en Ribadeo. EUROPA PRESS

A Garda Civil intensifica este fin de semana, o último no que Galicia se rexe polas normas da fase 3 da desescalada, os controis de mobilidade nas principais vías de acceso á comunidade. 

Así, os axentes establecen puntos de control das restricións de mobilidade entre comunidades nas vías principais e secundarias, especialmente nas zonas próximas aos límites con Zamora, León e Asturias, ademais de nos accesos ás zonas turísticas. 

Tal e como explica o instituto armado nun comunicado, os medios de transporte de viaxeiros por estrada tamén serán obxecto de inspección para comprobar que se respectan as medidas establecidas.

Ata o momento, a maior parte das persoas interceptadas cumprían a normativa.

Está previsto que sexa a partir do 21 de xuño cando se poida circular con liberdade por toda España ao decaer o estado de alarma.

A Garda Civil intensifica os controis nas principais vías de acceso...
Comentarios