miércoles. 03.03.2021 |
El tiempo
miércoles. 03.03.2021
El tiempo

Gómez-Reino: "Feijóo quere acelerar a desescalada para aparentar normalidade"

Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Gómez-Reino, durante a rolda de prensa deste luns. EUROPA PRESS
O portavoz do Galicia en Común cre que é unha estratexia do líder do PP de face ás eleccións do 12J

O portavoz de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, acusou ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, de querer "acelerar todo o posible a desescalada" para "aparentar normalidade" na comunidade de face ás eleccións autonómicas do 12 de xullo.

Nunha rolda de prensa telemática celebrada este luns, o tamén deputado no Congreso e secretario xeral de Podemos Galicia tachou Núñez Feijóo de "provocador" por asegurar que a mellor situación epidemiolóxica da Comunidade galega respecto doutras zonas do Estado débese á xestión da Xunta.

"Non é só é falta de rigor, senón que é unha absoluta provocación. O que quere é o de sempre, repetir unha mentira mil veces para instalar un relato", aseverou Gómez-Reino, que lamentou que o presdiente autonómico "pide, pero non lexisla", xa que, ao seu xuízo, "está moi preocupado de aparentar normalidade".

Así, en relación á posibilidade de que Galicia se inclúa entre as comunidades que poidan deixar o estado de alarma antes que o resto, alertou de que Núñez Feijóo "pretende acelerar todo o posible a desescalada, incluso cando os informes alertan de posibles rebrotes".

Na xornada na que as catro provincias galegas entraron na fase dúas da desescalada, Gómez-Reino chamou a continuar "cumprindo as normas" e "ter cautela e coidado tanto a nivel individual como colectivo" para velar polo "ben común" e seguir avanzando na transición cara á chamada 'nova normalidade'.

"Toda a estratexia do PP estivo no interese partidista e na ambición persoal por encima da saúde de pública", sinala Gómez-Reino

Neste punto, contrapuxo o "esforzo lexislativo" por parte do Goberno central para "ampliar o escudo social" á actitude do PP en Galicia que "trata de mesturarse coas siglas da Xunta para abonar a súa estratexia de campaña".

Para Gómez-Reino, existen "vasos comunicantes" entre Vox e o PP, cuxo líder en Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ten "unha estratexia" que "é unha pata máis" da de Santiago Abascal, quen xa se ofreceu como muleta" dos populares galegos para un hipotético goberno na Xunta.

"Toda a estratexia do PP estivo no interese partidista e na ambición persoal por encima da saúde de pública. Feijóo non lexislou cando o tiña que facer e agora que está en precampaña si empeza a pór encima da mesa algunhas medidas que a oposición leva semanas pedindo", aseverou o deputado de Galicia en Común no Congreso.

"Estamos convencidos de que o país pide un cambio que depende da mobilización do voto progresista. Somos claros: o cambio pasa por un Goberno de coalición entre as forzas progresistas do país despois do 12 de xullo para dar un xiro de 180 graos que permita a reconstrución do sector público con políticas expansivas e de coidados", sentenciou.

Cantos máis debates, mellor
En Común-Anova Mareas defende que "cantos máis debates se organicen mellor" para que, así, a campaña electoral das autonómicas do 12 de xullo sirva para "garantir" que os galegos acudan ás urnas cun "voto formado". Así se pronunciou Antón Gómez-Reino, que cre que, para que a campaña cumpra devandito obxectivo, a CRTVG ha de deixar "de ser unha máquina de propaganda" do Partido Popular.
Neste sentido, e tras remarcar que "cantos máis" debates haxa mellor", sinalou que, ao seu xuízo, a participación nestes encontros debería cinguirse a "organizacións políticas con representación en Galicia". E é que, segundo o tamén secretario xeral de Podemos Galicia, Núñez Feijóo quere "desdibujar" e realizar "unha foto artificial" da oposición en Galicia ao incluír a partidos "que en Galicia, afortunadamente, non teñen presenza social e política", nunha alusión velada a Vox.
En marea
Para rematar, Gómez-Reino evitou pronunciarse sobre a decisión de En Marea de presentarse ás eleccións do 12 de xullo logo de non facelo ao frustrado proceso que se suspendeu en abril. "Non teño nada que dicir máis que respectar o que decida cada forza política", apuntou.

Gómez-Reino: "Feijóo quere acelerar a desescalada para aparentar...
Comentarios