González Formoso logra o aval dos socialistas coruñeses para repetir como presidente da Deputación

Recibiu un apoyo do 98% dos representantes das agrupacións locais

Valentín González Formoso. EP
photo_camera Valentín González Formoso. EP

Os socialistas da provincia da Coruña elixiron este sábado o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, como candidato á presidencia da Deputación, cargo que xa ocupou nesta última lexislatura.

O Comité Provincial, no que están representadas todas as agrupacións locais, aprobou a candidatura do actual secretario xeral cun 98% de apoio e ningún voto en contra (147 a favor e 3 abstencións). 

Na súa intervención previa á votación, González Formoso asegurou que nos próximos catro anos manterá "un criterio de reparto de axudas xusto e equilibrado, ademáis de potenciar as iniciativas para fomentar o emprego e loitar contra a despoboación”.

“Creo que estes catro anos xestionamos unha Deputación transparente, obxectiva e cercana á xente, respectando a autonomía municipal e dándolle un gran impulso ao plan único e os plans de emprego”, afirmou o secretario xeral dos socialistas da provincia.

Balance electoral
A reunión deste sábado tamén serviu para que os socialistas fixeran balance das municipais do pasado domingo. Os resultados foron "moi satisfactorios, cun aumento do voto do 42% e a aspiración de ser a forza que goberne en máis concellos", explican.

En concreto, o PSOE obtivo 53.000 votos máis que hai catro anos na provincia e case 100 concelleiros e concelleiras máis. Na Deputación, pasaouse de 8 a 11 deputados. Os socialistas son primeira forza en 32 concellos, 22 deles con maioría absoluta.

“Por maioría absoluta ou relativa, estamos en condicións de gobernar nestes 32 concellos, pero noutros dez podemos facelo a través de pactos progresistas liderados polo PSOE”, engadiu Formoso.

Comentarios