lunes. 20.01.2020 |
El tiempo
lunes. 20.01.2020
El tiempo

As grandes superficies de Galicia poderán abrir os dous primeiros domingos de xaneiro

Centro comercial. EP
Centro comercial. EP
Os catro de decembro de 2020 tamén estarán habilitados

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) os domingos e festivos nos que os as grandes superficies comerciais poderán abrir ao longo do 2020. 

En concreto, os días de apertura —dez cada anos— serán os dous primeiros domingos de xaneiro (a véspera do Día de Reis e o 12, que coincide co inicio das rebaixas); o Xoves Santo, 9 de abril; o 5 de xullo, o primeiro domingo tras o tradicional inicio de rebaixas do verán; o 11 de outubro, véspera do Día da Hispanidade; o 29 de novembro, que é o domingo que coincide co 'Black Friday'; e os catro domingos de decembro (6, 13, 20 e 27). 

Ademais, calquera concello interesado poderá solicitar ata o próximo 15 de novembro a modificación de ata dúas datas para poder adaptalo aos festivos locais ou calquera outra circunstancia motivada. 

Estes domingos e festivos —recorda a Xunta— non se aplican ao pequeno comercio de menos de 300 metros cadrados que sexan consideradas pemes, xa que xeralmente poden decidir libremente o seu horario e días de apertura. 

As grandes superficies de Galicia poderán abrir os dous primeiros...
Comentarios