Quince mortes por gripe na última semana elevan a 175 as vítimas na tempada

A incidencia do virus experimenta un tendencia decrecente nos últimos días

Un paciente recibiendo la vacuna contra la gripe
photo_camera Un paciente recibiendo la vacuna contra la gripe

As persoas falecidas con gripe en Galicia sitúanse en 175 desde o inicio da temporada actual, o que implica un aumento de 15 casos na última semana, na que había 160 contabilizadas. 

Así se rexistra no décimo sexto informe de Vixilancia da gripe en Galicia do Servizo Galego de Saúde, recollido por Europa Press, correspondente á semana que terminou o 25 de febreiro. 

Das 175 persoas falecidas, concreta o Sergas no seu informe, 174 tiñan indicada a vacina antigripal, ben por idade ou ben por ter factores de risco para padecer unha gripe complicada, e 79 delas non estaban vacinadas. 

Desde o inicio da temporada declaráronse 3.033 casos con gripe confirmada en Galicia, 233 máis que a semana pasada, dos cales o 63 por cento tiña o virus da gripe B; o 2%, gripe A e B; e o resto virus da gripe A. 

O Sergas apunta que o 90 por cento do total dos doentes ingresados durante esta temporada tiñan indicada a vacina antigripal e, deles, o 49 por cento non a puxo.

TENDENCIA DECRECENTE. O número de chamadas atendidas no 061 por gripe e outras infeccións respiratorias agudas (IRA) mostra, destaca o Sergas no informe, unha "tendencia decreciente" respecto da semana anterior, polo que se acada "por primeira vez" desde a semana do 17 de decembro "un nivel de intensidade basal". 

Mentres, en Atención Primaria nesta semana a vixilancia baseada nos rexistros informatizados de gripe do Sergas reflicte "unha tendencia decreciente respecto da anterior". 

Comentarios