lunes. 21.10.2019 |
El tiempo
lunes. 21.10.2019
El tiempo

O Grupo de En Marea pospón sen data votar a saída como portavoz de Villares

Villares, reunido con membros de En Marea. AGN
Imagen
Villares, reunido con membros de En Marea. AGN Imagen

Os críticos non logran forzar a marcha do xuíz, que descarta dimitir, desautoriza a manobra e ameaza con sancións

O Grupo Parlamentario de En Marea acordou pospor sen data a destitución de Luís Villares como portavoz na Cámara galega. A maioría de deputados (nove de 14) apoiaron a emisión dun comunicado no que apostan pola apertura dun "proceso de reflexión" sobre as portavocías na Cámara.

Esta decisión foi tomada nunha reunión que se estendeu por máis dunha hora e que se celebrou ao termo da sesión plenaria deste martes. Este acordo foi apoiado por nove dos 14 deputados de En Marea na Cámara, segundo recolle un comunicado emitido ao termo do encontro polo gabinete de comunicación do grupo, que precisa que o cinco deputados restantes "non quixeron participar na votación". 

En declaracións aos medios, Luís Villares sinalou aos deputados de Podemos como responsables dunha reunión que "prexudica" ás mareas municipalistas ante a inminente cita coas urnas. Ademais, o maxistrado asegurou que "o debate" sobre a portavocía no Hórreo debe darse no seo da organización de En Marea e non no grupo, que "non ten lexitimidade" para revogar ao portavoz. "Nin era o momento nin era o lugar", resolveu. 

O Grupo de En Marea pospón sen data votar a saída como portavoz de...
Comentarios