Un grupo neonazi confunde cun independentista a un bombeiro vigués e agrídeo

"Que alguén che ataque sen mediar palabra non se pode permitir", sinalou o afectado
Disturbios en Madrid a causa da sentencia sobre o independentismo. EFE
photo_camera Disturbios en Madrid a causa da sentencia sobre o independentismo. EFE

O bombeiro vigués Miguel Uclés, enlance sindical da CIG, foi agredido o sábado en Madrid por un grupo de neonazis que o confundiu cun independentista, segundo publicou este luns o diario Atlántico. Uclés desprazouse á capital xunto a outros compañeiros para manifestarse en demanda dunha serie de melloras para a súa profesión.

"Estou ben", declarou nunha mensaxe a Atlántico, no que tamén agradeceu todas as mostras de agarimo recibidas desde que sufriu a agresión. "Que alguén che agrida sen mediar palabra non se pode permitir", sinalou.

Comentarios