O heroe que salvou a unha veciña de Culleredo que estaba a ser agredida pola súa parella

David Castro, operario de limpeza, viu como lle pegaban e non dubidou en acudir na súa axuda

David Castro.TVG
photo_camera David Castro.TVG

David Castro, operario de limpeza de Culleredo, non para de recibir felicitacións. Hai uns días, á primeira hora da mañá, viu como un home duns trinta anos estaba a pegarlle unha malleira á súa muller en plena rúa. Non o dubidou e acudiu a evitalo. 

"Cando cheguei vin que era xente coñecida de aquí, impacta un pouco. Intentei falar con el, para relaxar, porque estaba nun estado que non razoaba. Díxenlle que non o facía por ela, senón por el", explicaba David este martes á TVG. Emocionado, tamén deixa unha reflexión: "Ao tempo pregúntaste: ¿Eviteino ou é algo que se está atrasando no tempo?".

Nun momento de descoido do agresor, a muller logrou escabullirse. Foi entón cando David aproveitou para convencer ao home de que el mesmo alertase ao 112 do sucedido.