O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, confirmou este xoves que "a Policía Nacional está a traballar coa hipótese de homicidio" no caso da morte violencia do dono do Bar Novo, situado no centro histórico de Ourense.
A preguntas dos xornalistas con motivo da súa presenza nunha visita en Ourense, Losada apuntou a esta "liña de investigación clara", pero pediu que se respecte o silencio", que levará a esclarecer os feitos "máis pronto que tarde", abundou.
Pola súa banda, o delegado do Goberno sinalou que no caso da moza de 26 anos desaparecida en Ourense a Policía Nacional "non deixou de traballar desde que o día 5 de febreiro a nai presentou a denuncia".
Por este motivo, sinalou que "a Policía Nacional está a barallar todas as hipóteses, entre as que se atopa que poida ser unha ausencia voluntaria ou outras condicións".
"PODE ESTAR POR AQUÍ". Segundo manifestou, a nai presentou a denuncia o pasado día 5 de febreiro tras manifestar que "non tiña ningunha información da súa filla desde o 5 de xaneiro".
No entanto, manifestou que está aberta unha liña de investigación que apunta a que "foi vista cunha persoa entre o día 5 de xaneiro e o 5 de febreiro", o cal lles di que "pode estar por aquí".