Un home falece tras caer dunha altura mentres pescaba en Moaña

O aviso foi dado por unha persoa particular, que chamou aos servizos de urxencias coa intención de solicitar asistencia sanitaria para o afectado
Dispositivo desplegado na zona do suceso. DP
photo_camera Dispositivo desplegado na zona do suceso. DP

Un home faleceu a madrugada deste domingo logo de caer desde unha altura mentres pescaba no porto deportivo de Domaio, no municipio pontevedrés de Moaña. 

O Centro Integrado de Atención á Urxencia (Ciae) do 112 Galicia tivo constancia do sucedido ao redor das 02.15 horas deste domingo. 

O aviso foi dado por unha persoa particular, que chamou aos servizos de urxencias coa intención de solicitar asistencia sanitaria para atender ao home que se caeu. 

Segundo o 112 Galicia, o particular que dió a chamada de alerta indicou que o señor se caeu desde unha altura neste porto deportivo mentres estaba a pescar

De inmediato, os xestores do CIAE puxéronse en contacto cos efectivos sanitarios que tras chegar ao lugar e, a pesar dos esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida, explicou o 112 Galicia. 

Ao mesmo tempo, ao lugar dos feitos tamén trasladáronse os Bombeiros do Morrazo e os axentes da Policía Local.