jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

Os hospitais galegos non comunican ningún falecemento por coronavirus este venres 

Un sanitario toma unha mostra de sangue para realizar un test na Estrada. SXENICK (EFE)
Un sanitario toma unha mostra de sangue para realizar un test na Estrada. SXENICK (EFE)

Os hospitais galegos non comunicaron este venres, por segundo día consecutivo, ningún falecemento por coronavirus. As dúas últimas mortes derivadas da pandemia na comunidade coñecéronse o martes e o mércores, e elevaron o número total de vítimas mortais en Galicia a 618

O primeiro falecemento relacionado co virus declarouse o 14 de marzo, e foi o dunha muller de 92 anos que estaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo. Esa mesma xornada tamén morría un home de 81 anos hospitalizado en Pontevedra. 

A partir do 18 de marzo só houbo doce días nos que os hospitais galegos non informaron do falecemento de persoas infectadas.

Os datos actualizados divulgados este venres pola Consellería de Sanidade sitúan o número de casos de coronavirus activos na comunidade en 563, seis menos que os contabilizados este xoves.

Do total, 132 son da área da Coruña, 37 da de Lugo, 51 de Ourense, 16 de Pontevedra, 195 de Vigo, 114 de Santiago e 18 de Ferrol. Un paciente permanece en Uci, 26 están en unidades de hospitalización e 536 no domicilio. Ata agora, en Galicia contabilízanse 10.178 persoas curadas.

Os hospitais galegos non comunican ningún falecemento por...
Comentarios