viernes. 25.09.2020 |
El tiempo
viernes. 25.09.2020
El tiempo

O Igape admite que convidou a unha comida a 37 traballadores polos seus 25 anos de traballo

Edificio do Igape. EP
Edificio do Igape. EP

O PSdeG reprocha levar "anos escoitando falar dos 'mojitos' da Habana" cando alí si houbo "difusión da cultura galega"

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) entregou unha placa de metacrilato e convidou a unha comida aos 37 traballadores que cumprían 25 anos no organismo público a finais de novembro do ano pasado. Así o admitiu o seu director, Juan Cividanes, en comisión parlamentaria ante as críticas do deputado do PSdeG Abel Losada, quen reprochou levar "anos escoitando" no Parlamento "falar dos mojitos da Habana", que enmarcou nun "acto de fomento e difusión internacional da cultura galega".

O socialista referíase a un acto en Cuba durante o Goberno bipartito, na feira do libro e cando era conselleira de Cultura Ánxela Bugallo (BNG).

A colación disto, Losada viu "moi adecuado" referirse ao 25 aniversario do Igape, polo que preguntara anteriormente unha parlamentaria do PP. "No Hostal dos Reis Católicos de Santiago, alí o que se pagaba con diñeiro público eran as copas de alta gradación dos traballadores, que parece que non estaban desde logo difundindo ningunha cultura galega especialmente relevante", censurou.

"CONVIDÁMOLOS A UN CUBALIBRE". "No que respecta ao Igape eu voulle dar resposta, o que falaba dos cubalibres, non é como vostede... a información que vostede ten. O 25 aniversario celebrouse no Palacio de Congresos e (despois, no Hostal) houbo como recoñecemento a esas 37 persoas que citaba, que facían 25 anos no instituto cunha responsabilidade sobre a xestión dos fondos públicos, démoslle unha placa de metacrilato e efectivamente convidámolos a un cubalibre", respondeu Cividanes.

No acto do Palacio de Congresos, segundo precisou, houbo ao redor de 500 participantes. Alí participou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto ao conselleiro de Economía, Francisco Conde, e outras autoridades. O xefe do Executivo resaltou ese día que, ao longo destes 25 anos, o Igape axudou a máis de 81.000 empresas, que mobilizaron case 14.000 millóns de euros, datos que este xoves lembrou o director do instituto.

O Igape admite que convidou a unha comida a 37 traballadores polos...
Comentarios