Illan a 16 persoas tras o positivo dun home que viaxou por traballo de Lleida a Trives

Todos son asintomáticos e permanecen nos seus domicilios
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). EP
photo_camera Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). EP

O diagnóstico positivo por coronavirus dun paciente ingresado sospeitoso de Covid-19 no Hospital Universitario de Ourense, que se desprazou recentemente por motivos laborais desde Lleida á Pobra de Trives (Ourense) activou o protocolo para seguir aos seus contactos directos. 

Segundo confirmaron as autoridades sanitarias, consultadas por Europa Press, actualmente están localizadas e con indicación de illamento domiciliario de 14 días un total de 16 persoas que mantiveron contacto estreito con el. 

Todas estas persoas son asintomáticas e, dacordo co protocolo, Sanidade, monitoriza o seu estado, por se presentasen algún síntoma. 

O protocolo, remarcan as autoridades sanitarias, activouse desde o primeiro momento no que se coñeceu o positivo. 

Comentarios