Imputado por homicidio imprudente e conducir ebrio no accidente do Pino

O home deu positivo despois do sinistro, preto da discoteca Dona Dana
O coche accidentado sendo retirado. CRTVG
photo_camera O coche accidentado sendo retirado. CRTVG

O condutor do vehículo no que faleceu unha moza o pasado fin de semana no Pino (A Coruña) foi imputado por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas e por homicidio por imprudencia, informa este mércores a Garda Civil.

O xulgado de Arzúa tramitará as dilixencias deste caso no que o home fora controlado con niveis de 0,50 e 0,54 miligramos de alcol por litro de aire expirado, moi por encima do límite legal de 0,25 miligramos. 

O condutor saíuse da vía coa que circulaba co vehículo e envorcou na madrugada do pasado 8 de decembro, preto da discoteca Dona Dana.

Outra moza sufriu feridas a consecuencia do sinistro, do que o condutor saíu ileso.