Un incendio arrasa por completo unha vivenda en Abegondo

O lume non causou feridos

Un incendio devora por completo unha vivenda de Abegondo sen que ninguén resultase afectado.

Malia que o lume está apagado, os bombeiros continúan no lugar debido ao intenso fume que aínda se desprende.

Dúas horas levan os Bombeiros de Betanzos traballando neste incendio que arrasou por completo unha vivenda situada no lugar do Cal, en Abegondo. Por fortuna, ninguén resultou ferido, mais os danos materiais son importantes, pois a vivenda está completamente afectada.

Foi un veciño quen chamou ao 112 Galicia sorprendido polas lapas tan próximas á súa casa e o seu rápido avance. Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos Bombeiros de Betanzos e aos voluntarios de Protección Civil da vila. Tamén pediron a colaboración do Distrito Forestal da zona.