Sábado. 19.01.2019 |
El tiempo
Sábado. 19.01.2019
El tiempo

Un incendio no cadro de contadores obriga ao desaloxo dun edificio no Porriño

Unha vez ventilado o inmoble os veciños regresaron as súas vivendas ► Non houbo que lamentar danos persoais

O incendio no cadro de contadores obrigou ao desaloxo dos veciños dun edificio na localidade pontevedresa do Porriño.

As 22.00 horas deste venres, un dos moradores alertaba ao 112 Galicia no cuarto dos contadores. A partir de aí, os xestores do CIAE 112, de inmediato, puxeron os feitos en coñecemento do persoal de extinción de Mos e do Porriño. Do mesmo xeito, informouse da situación á Garda Civil, dos servizos sanitarios de urxencia, da Policía Local e Protección Civil da localidade e ao persoal da empresa subministradora de electricidade que abastece a zona.

Segundo se puido saber o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, unha vez extinguido o lume e ventilado o inmoble, os veciños regresaron as súas vivendas.

Un incendio no cadro de contadores obriga ao desaloxo dun edificio...