Outro incendio calcina por completo un turismo, esta vez na Cañiza

El coche en llamas en Rande. TVG
photo_camera El coche en llamas de Rande. TVG

Un incendio calcinou por completo un vehículo a noite deste martes sen que se rexistrasen danos persoais. Os feitos tiveron lugar no concello da Cañiza e foi o segundo incidente destas características rexistrado polo 112 Galicia na provincia de Pontevedra nas últimas 24 horas. O primeiro rexistrárase en Rande, onde dous ocupantes se deron á fuga deixando o seu vehículo en chamas.

Varios particulares contactaron co 112 Galicia ao fío das dez da noite para solicitar medios de extinción para un turismo en chamas na A-52, á altura do punto quilométrico 275, dirección Ourense. Segundo a información facilitada polo condutor do automóbil aos xestores do 112, o incendio foi causado, posiblemente, por unha avaría.

Enseguida, desde o Centro integrado de Atención ás Urxencias (CIAE) púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vigo, dos membros do GES- SPEIS Ponteareas e da Policía Local. Unha vez no punto, os servizos de urxencia puideron atallar as lapas e confirmar que o vehículo ardeu por completo sen que ninguén resultase ferido.

Ademais, foi precisa a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico, xunto aos profesionais do servizo de mantemento da estrada para restablecer as condicións de seguridade na vía.