Un incendio en Chandrexa xa queimou corenta hectáreas

O lume comezou oito minutos logo das catro da tarde deste venres
Incendio en Chandrexa. TWITTER (incendiosgalic1)
photo_camera Incendio en Chandrexa. TWITTER (incendiosgalic1)

O incendio forestal orixinado no municipio deChandrexa de Queixa (Ourense), concretamente no lugar de Requeixo, queimou xa máis de corenta hectáreas, segundo as últimas estimacións facilitadas pola Consellería de Medio Rural.

O lume comezou oito minutos logo das catro da tarde deste venres e quedou controlado ás oito menos vinte.

No lugar traballan, informou a Xunta nun comunicado, dous axentes, 17 brigadas, dúas motobombas, dúas pas, 11 helicópteros e catro avións.