Miércoles. 17.10.2018 |
El tiempo
Miércoles. 17.10.2018
El tiempo

Un incendio nun rocho obriga a evacuar un edificio en Vigo

Rocho que ardeu en Vigo. CRTVG
Rocho que ardeu en Vigo. CRTVG

O lume empezou ás seis da mañá deste xoves na rúa Casiano Martínez

Un incendio nun rocho obrigou este xoves a evacuar un edificio de catro plantas en Vigo, informa o 112.

O lume empezou ás 6 horas deste xoves na rúa Casiano Martínez, desde onde un veciño alertou ao 112, que á súa vez pasou aviso aos Bombeiros da cidade, quen traballaron na extinción das chamas ata as 9.30 horas.

Estas arrasaron por completo o trasteiro e chegaron a afectar o tellado do edificio e as portas doutro trasteiro lindeiro, polo que o inmoble, de catro plantas, foi desaloxado por completo.

Por precaución, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración dos profesionais do 061 e dos axentes da Policía Local, aínda que non houbo danos persoais.

Un incendio nun rocho obriga a evacuar un edificio en Vigo