Un incendio rexistrado nunha vivenda na Illa de Arousa mobiliza os bombeiros

O lume iniciouse nunha lavadora

Ambulancia e camión dos Bombeiros fronte á vivenda na que se rexistrou o incendio. PC VILAGARCÍA
photo_camera Ambulancia e camión dos Bombeiros fronte á vivenda na que se rexistrou o incendio. PC VILAGARCÍA

O Consorcio Provincial de Extinción de Incendios e Salvamentos de Pontevedra interveu na madrugada deste venres nun incendio iniciado nunha lavadora dunha vivenda na Illa de Arousa. 

Os bombeiros recibiron a alerta ao redor das 00.30 horas. Afortunadamente só se rexistraron pequenos danos materiais.

Tamén acudiu ao momento unha ambulancia de Protección Civil de Vilagarcía.

Comentarios