lunes. 10.08.2020 |
El tiempo
lunes. 10.08.2020
El tiempo

Ingresado por coronavirus na Coruña un home que chegou de Latinoamérica

Hospital Modelo de A Coruña. GOOGLEMAPS
Hospital Modelo de A Coruña. GOOGLEMAPS

Un paciente diagnosticado por coronavirus que regresou de Latinoamérica hai tres días ingresou este domingo no Hospital Modelo da Coruña, segundo informou o presidente do grupo HM Hospitales a través das redes sociais.

Trátase dun home de mediana idade, natural de Galicia, que regresou de América Latina hai tres días. "Logo de máis de dous meses sen pacientes positivos, este domingo diagnosticamos o primeiro en HM en Galicia", escribiu Juan Abarca Cidón na súa conta en Linkedin.

Por iso, o presidente do grupo reclama que se tomen máis medidas para evitar un rebrote. "Se non controlamos aos pacientes antes de que enfermen, establecemos claros protocolos para o diagnóstico e o seguimento da pandemia, de coordinación de servizos entre comunidades autónomas, o que pasou en marzo pode ser só o principio", advertiu.

Ingresado por coronavirus na Coruña un home que chegou de...
Comentarios