jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

Intentan localizar un mozo de 17 anos que marchou dunha casa de menores de Allariz

O rapaz desaparecido en Allariz. SOS DESAPARECIDOS
O rapaz desaparecido en Allariz. SOS DESAPARECIDOS
O rapaz só levaba cinco horas no inmoble cando se lle perdeu a pista o pasado venres

As forzas e corpos de seguridade tratan de localizar un mozo de 17 anos, Fernando Saguar González, que falta desde o pasado venres, día 16 de outubro, de Allariz. 

Segundo informaron a Europa Press fontes da Garda Civil, desapareceu o pasado venres dunha casa de menores habilitada no municipio ourensán de Allariz, inmoble no que só levaba cinco horas. 

O instituto armado sinala que o mozo xa desaparecera previamente dun centro de menores de Ávila e que fora localizado na Coruña. 

Precisamente, este mércores, a Policía Nacional subiu ás súas redes sociais unha mensaxe no que pide colaboración para dar co menor e solicita a aquelas persoas que o puidesen haber visto que chamen ao 091, ao 062 ou ao 112. 

Intentan localizar un mozo de 17 anos que marchou dunha casa de...
Comentarios