lunes. 14.10.2019 |
El tiempo
lunes. 14.10.2019
El tiempo

Interceptado na AP-9 un ferrolán ebrio logo de que outra condutora o obrigase a parar

Proba de alcoholemia. DP
Proba de alcoholemia. DP
O suxeito conducía de forma temeraria e tiña síntomas evidentes de atoparse baixo os efectos do alcol

Un veciño de Ferrol foi interceptado cando circulaba baixo os efectos do alcol pola autoestrada AP-9 en dirección Ferrol grazas á colaboración dunha condutora, que obrigou ao investigado a deterse na beiravía.

Segundo informa o Instituto Armado este martes, foi esta segunda condutora quen deu a voz de aviso ás forzas da orde. Na súa chamada, relatou que conseguira que o condutor investigado detivese a súa marcha tras viaxar detrás del e decatarse de que conducía de forma temeraria.

E é que, como indicou esta persona, o condutor presentaba síntomas evidentes de que circulaba baixo os efectos do alcol, pois o seu coche daba bandazos dun lado a outro e invadía os dous carrís da autoestrada.

Unha vez acudidos no lugar, os axentes dunha patrulla da Garda Civil someteron á proba de alcoholemia ao presunto infractor, que arroxou un valor de 0,80 miligramos de alchol en aire aspirado na primeira proba e 0,74 na segunda.

A patrulla desprazou ao condutor e ao seu vehículo até a peaxe de Guísamo para continuar coas dilixencias pertinentes nun lugar máis seguro.

No seu comunicado, a Garda Civil agradece a colaboración da segunda condutora, aínda que recomendan aos usuarios non interactuar directamente salvo causas de forza maior e avisar e esperar á chegada das forzas da orde.

Interceptado na AP-9 un ferrolán ebrio logo de que outra condutora...