lunes. 10.08.2020 |
El tiempo
lunes. 10.08.2020
El tiempo

Investigado un home como presunto autor dun incendio forestal en Melón

Un incendio. ARQUIVO
Un incendio. ARQUIVO
O lume afectou a 0,04 hectáreas de superficie rasa

Axentes da Policía Autonómica investigan a un home como presunto autor dun incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Melón o pasado 30 de maio.

Segundo informou a Xunta a través dun comunicado, o lume que se lle atribúe rexistrouse no lugar de Quins, en Melón, e afectou a 0,04 hectáreas de superficie rasa.

Os axentes estiman que o incendio se orixinou nunha queima de restos forestais que produciuse sen as debidas medidas de precaución, o que provocou que se propagase ás leiras lindeiras. Na extinción participaron profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Xunta e o GES de Ribadavia. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de instrución de garda de Ribadavia.

No que vai de ano, recordou a Xunta, foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 20 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.


    

Investigado un home como presunto autor dun incendio forestal en...
Comentarios