miércoles. 02.12.2020 |
El tiempo
miércoles. 02.12.2020
El tiempo

Investigado un mozo por enviar vídeos de contido sexual a dúas mulleres en Barbadás

A Garda Civil de Ourense investigou un mozo de 19 anos como presunto autor dun delito de acoso en redes sociais por enviar vídeos de contido sexual a dúas mulleres a través de Instagram. 

Segundo informou a comandancia de Ourense, o mozo, veciño da Valenzá, en Barbadás, presuntamente enviou a dúas mulleres de 25 e 43 anos dese mesmo municipio vídeos con contido sexual. 

Para iso, o mozo, cuxas iniciais son J.R.R., valeuse de catro perfís diferentes a través dos cales enviou vídeos desde xullo. 

O caso ha sido remitidos ao xulgado de instrución número 1 de Ourense.

Investigado un mozo por enviar vídeos de contido sexual a dúas...