Investigado como presunto autor dun incendio en Laza por unha fogueira mal apagada 

O lume afectou a unha superficie arboredo de 1,2 hectáreas

Axentes da Policía Autonómica de Ourense procederon a tomar declaración como investigado a un home pola presunta autoría dun incendio ocorrido o pasado 21 de febreiro na parroquia de Eiras, no concello de Laza (Ourense). 

Segundo informa a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, o lume, que afectou a unha superficie arboredo de 1,2 hectáreas, orixinouse por unha fogueira mal apagada feita polo investigado. 

Ao non levar a cabo as debidas medidas de precaución á hora de realizar o lume, isto fixo posible que alcanzase o monte que se atopaba ao seu lado. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución número 2 de Verín. 

A Xunta de Galicia recorda que no que vai de ano, un total de catro persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios. 

Comentarios