lunes. 10.08.2020 |
El tiempo
lunes. 10.08.2020
El tiempo

Investigan un incendio que calcinou sete coches aparcados baixo unha ponte na Coruña

Un bombeiro traballando para extinguir o lume. BOMBEIROS A CORUÑA
Un bombeiro traballando para extinguir o lume. BOMBEIROS A CORUÑA

A Policía Científica investiga a orixe dun incendio rexistrado na madrugada do luns ao martes que afectou a sete vehículos na Coruña, segundo informan fontes municipais. Os coches, que quedaron calcinados, estaban aparcados baixo unha ponte na rúa Posse.

Atendendo á información do 112, os feitos tiveron lugar pasadas as tres da madrugada. Recibida a alerta, acudiron ao lugar sete bombeiros e tres vehículos, ademais de axentes da Policía Local. O lume orixinouse nun Citroën e estendeuse logo aos outros coches.

"É unha zona moi ventosa", explicou un portavoz dos bombeiros, quen destacou que "fai remuíño xusto onde estaban aparcados" os vehículos.

CAUSAS. Descoñécense polo momento as causas do incendio e se puido ser provocado, cuestión que agora investigan axentes do equipo científico da Policía Nacional.

A central do 112 manifestou que foi o "intenso fume producido" o que puxo en alerta os veciños da zona, que non podían precisar que sucedía debaixo da ponte da rúa Posse, pero apuntaron que escoitaban pequenas explosións.

Investigan un incendio que calcinou sete coches aparcados baixo...
Comentarios