domingo. 19.09.2021 |
El tiempo
domingo. 19.09.2021
El tiempo

Investigan a un septuaxenario de Cenlle por provocar un incendio forestal

O lume estivo causado por unha queima non autorizada e afectou a 0,7 hectáreas
 

O Equipo de Seprona de Ourense tomou declaración en calidade de investigado a un veciño do municipio ourensán de Cenlle de 74 anos de idade por un incendio forestal debido a unha queima sen autorización. 

Segundo informou o Instituto Armado, tomoulle declaración a J.F., de 74 anos e veciño de Cenlle, como presunto autor dun delito de incendio forestal por imprudencia grave, após realizar unha queima sen autorización "e incumprir medidas mínimas de seguridade". 

Por mor diso supostamente ocasionou un incendio que afectou a 0,7 hectáreas de matogueira e arborado, o que motivou a intervención da motobomba de Ribadavia, de dúas brigadas e un axente forestal. 

Investigan a un septuaxenario de Cenlle por provocar un incendio...