Jácome nomea a Francisco Cacharro Gosende, 'city manager' de Ourense

Francisco Cacharro é secretario do ente provincial ourensán
Francisco Cacharro Gosende. XESÚS PONTE (ARCHIVO)
photo_camera Francisco Cacharro Gosende. XESÚS PONTE (ARCHIVO)

O Concello de Ourense confirmou que o ata agora secretario da Deputación de Ourense, Francisco Cacharro Gosende, city manager do consistorio, será o novo coordinador xeral do ente municipal baixo a figura de city manager.

Este posto, que suscitou as críticas dos grupos da oposición, contará cun salario non inferior aos 86.000 euros anuais, tal e como aprobara o concello, coa oposición en contra BNG, Ciudadanos e PSOE.

Nun comunicado remitido aos medios, o goberno local liderado por Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensá) defendeu esta incorporación tras asegurar que permitirá "ocupar unha vacante sen cubrir", como é a de coordinador xeral que foi creada en 2013 polo goberno bipartito, para xustificar que "en ningún caso" está a crearse unha praza nova.

No que respecta á elección deste profesional procedente da Deputación, institución gobernada polo PP, partido co que DO comparte goberno tanto no ente provincial como no concello, o alcalde subliñou que é a mellor opción das tres que se presentaron.

En primeiro lugar, valorou os seus "grandes coñecementos xurídicos" así como o "amplo coñecemento da administración local" ademais dun "gran criterio político", remarcou Pérez Jácome, quen aclarou que unha das súas misións será "engranar toda a maquinaria do concello". 

Para Jácome, este nomeamento terá "unha gran utilidade" xa que permitirá "desatascar" toda a burocracia o consistorio e "acelerar todos os procedementos".

En principio, o alcalde estimou que esta persoa se poida incorporar a finais desta mesma semana ao equipo do concello, unha vez que se proceda á súa aprobación en xunta de goberno local.

Francisco Cacharro Gosende, fillo do expresidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro Pardo, é secretario xeral da Deputación de Ourense desde 2004.

Comentarios