Josito Pérez presentará a súa candidatura á secretaría xeral de Podemos Galicia

O lucense encabeza unha terceira vía nunha carreira na que xa están Antón Gómez-Reino e Carolina Bescansa

Josito Pérez, en un mitin de En Marea en 2015. AEP
photo_camera Josito Pérez, en un mitin de En Marea en 2015. AEP

O lucense José Manuel Pérez Afonso presentará este xoves ás 11.00 horas na Galería Sargadelos da cidade das murallas a súa candidatura á secretaría xeral de Podemos Galicia, unha carreira na que xa están o deputado de En Marea Antón Gómez-Reino e a compostelá Carolina Bescansa. 

Este mestre e músico, moi coñecido no seu Lugo natal por formar parte do dúo Iván e Josito, era membro da coordinadora de Lugonovo ata novembro do ano pasado, cando decidiu abandonala xunto a outros militantes de Podemos.

Nacido en 1979, Josito Pérez encabezará unha terceira vía no proceso para renovar a dirección de Podemos Galicia. A actual secretaria xeral, Carmen Santos, xa anunciou que non se presentará, aínda que apoia "simbólicamente" a candidatura de Bescansa.

Comentarios