jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

Juan Carlos Quer confía en que se faga xustiza de novo"

Juan Carlos Quer atende aos medios de comunicación nos xulgados de Santiago de Compostela. XOÁN REY (EFE)
Juan Carlos Quer atende aos medios de comunicación nos xulgados de Santiago de Compostela. XOÁN REY (EFE)
O TSXG celebrará este martes a vista oral na que atenderá ao recurso do condenado pola morte de Diana Quer, José Enrique Abuín Gey, alias 'o Chicle'

Juan Carlos Quer, o pai da moza Diana Quer, agredida sexualmente e asasinada tras a súa desaparición o 22 de agosto de 2016 A Pobra do Caramiñal, confía en que o Alto Tribunal Galego desestime o recurso de apelación presentado polo único condenado polo crime da súa filla.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) celebrará este martes a vista oral na que se verá o recurso de apelación contra a sentenza condenatoria a prisión permanente revisable de José Enrique Abuín Gey, alias 'o Chicle'.

O pai da moza de 18 anos comentou en declaracións a Efe que acudirá á vista na Coruña, para o que xa se desprazou desde Madrid. "Irei, como non pode ser doutro xeito. Irei representar á miña filla porque ela xa non pode".

Juan Carlos Quer dixo, así mesmo, que se atopa "sereno" e confía en que a "xustiza volta a ser xusta" e non estime o recurso presentado por Abuín Gey no que pide repetir o xuízo.

"O proceso fíxose con todas as garantías, fíxose con luz e taquígrafos. Incluso se visionaron os detalles máis escabrosos" polo que o pai de Diana Quer considera que non debe volver repetirse a vista porque xa hai "unha sentenza" tras un longo xuízo no que "os feitos inculparon a este individuo"!.

"O xurado deu un veredicto perfectamente fundado de acordo coas probas que se exhibiron e que tamén demostraron a agresión sexual polo que aqueles que intentan agora buscar outro móbil simplemente yerran", advirte.

Espera Juan Carlos que o deste martes sexa o último trámite xudicial para deixar descansar a memoria da súa filla. "Mañá acudirei simplemente sereno, tranquilo e coa confianza de que se volva a facer xustiza", conclúe. 

Juan Carlos Quer confía en que se faga xustiza de novo"
Comentarios