lunes. 13.07.2020 |
El tiempo
lunes. 13.07.2020
El tiempo

Juan Carlos Quer: "¿Onde estaban as feministas cando apareceu o cadáver da miña filla?" 

Juan Carlos Quer. ÓSCAR CORRAL
Juan Carlos Quer. ÓSCAR CORRAL

O pai da moza cuxo cadáver foi achado en Rianxo denuncia que o movemento feminista saia ás rúas en resposta ás políticas de Vox

Juan Carlos Quer, pai de Diana Quer, denunciou este mércores que o movemento feminista saia ás rúas en resposta ás políticas de Vox e non se mobilizase no caso da súa filla, a moza cuxo cadáver foi achado en 2017 nunha nave abandonada de Rianxo. 

"O movemento feminista mobilízase en España para defender os dereitos da muller. Pregúntome onde estaban as feministas cando apareceu o cadáver da miña filla Diana Quer, tras ser violada e asasinada. Buscan vinganza, como me dixo a min Pablo Iglesias. Coherencia cero", escribiu Juan Carlos nun apuntamento no seu perfil de Twitter, recollido por Europa Press. 

Miles de persoas, foron convocadas este mércores por colectivos feministas, en diversas cidades españolas contra o que será o futuro goberno do popular Juanma Moreno, en coalición con Cidadáns e con apoio de Vox para a investidura. 

Juan Carlos Quer: "¿Onde estaban as feministas cando apareceu o...
Comentarios