lunes. 14.10.2019 |
El tiempo
lunes. 14.10.2019
El tiempo

Xoves de ceos despexados en Galicia

As máximas superarán os 21 graos en moitos puntos da comunidade

As altas presións situaranse entre Azores e a península Ibérica, polo que a estabilidade será a nota predominante.

Desta forma, o día amencerá con néboas en puntos do interior e algunhas nubes baixas no litoral noroeste, pero co paso das horas os ceos quedarán pouco nubrados ou despexados en toda a Comunidade.

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, pero as máximas tenderán a ascender.
Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, tomando un compoñente norte pola tarde. 

Temperaturas extremas previstas nas cidades:

A Coruña 14° 21°, Ferrol 10° 21°, Lugo 7° 23°, Ourense 8º 26°, Pontevedra 10° 25°, Santiago de Compostela 10° 23° e Vigo 12° 24°.

Xoves de ceos despexados en Galicia
Comentarios