viernes. 15.11.2019 |
El tiempo
viernes. 15.11.2019
El tiempo

Lanzan un gato no seu transportín desde un balcón á rúa en Ourense

O gato lanzado desde un balcón en Ourense. PROGAPE
O gato lanzado desde un balcón en Ourense. PROGAPE
O animal tiña mazaduras e sangraba. A protectora denuncia que os axentes non fixeron nada

Unha veciña de Ourense foi testemuña este domingo de madrugada dun caso de malos tratos animais. Ao redor das 2.00 horas, viu como lanzaban un gato dentro dun transportín desde un balcón á rúa.

Tras avisar ao 112 e "insistir", segundo explica a protectora de gatos e cans de Ourense (Progape),  presentáronse no lugar axentes da Policía local e nacional. 

O animal, como consecuencia do golpe, presentaba numerosas mazaduras e sangraba. Desde Progape denuncian que os axentes non fixeron nada polo animal e que foi unha cidadá quen pediu permiso para levalo a un veterinario

Por todo iso, desde a protectora piden axuda cidadá para dar co autor dos feitos, ocorridos na rúa Cabeza de Manzaneda.

Lanzan un gato no seu transportín desde un balcón á rúa en Ourense
Comentarios