Jueves. 18.10.2018 |
El tiempo
Jueves. 18.10.2018
El tiempo

Larsa comercializará leite con castañas desenvolvida por un investigador da USC

O investigador Pablo Fraga, gañador do premio Innovación Saludable de  Larsa co seu leite con castañas.  J. VAZQUEZ
O investigador Pablo Fraga, gañador do premio Innovación Saludable de Larsa co seu leite con castañas. J. VAZQUEZ

Este novo produto resultou gañador dos premios Innovación Saudable que concede a firma galega

A firma galega Larsa comercializará leite de vaca con castañas autóctonas, froito dunha investigación desenvolvida por expertos da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O director xeral da compañía, José Armando Tellado, fixo este anuncio na entrega dos premios Innovación Saudable de Larsa, na sede da factoría desa marca vinculada á empresa Capsa en Robra, no municipio lucense de Outeiro de Rei.

Ese novo produto é o resultado do traballo do investigador da USC Pablo Fraga, gañador do primeiro premio deste certame, que concede unha asignación económica de 5.000 euros e o 20% dos beneficios obtidos coa comercialización do leite con castañas durante os tres primeiros anos do inicio da súa posta en venda.

Ese novo produto, ideal para sobremesa, está elaborado con leite de vaca e con castañas "de aquí", e "é totalmente natural e sen aditivos", precisou Tellado, quen destacou "o gran éxito de participación" nos premios e a calidade dos traballos.

O segundo premio foi para Antón Polo, Brais Pérez e Roberto López pola súa proposta "kefir"; mentres que o terceiro posto gañouno ideas tan distintas como "snakiños" e "manteigas aromatizadas", ambas as desenvolvidas por Paula Ibáñez, Xosé Alfonso Ameixeiras e Víctor Argul.

Tellado subliñou que a "singularidade" do premio que concede Larsa non está tanto no "montante económico" como na posibilidade de participar dos beneficios que achegue a comercialización dos novos produtos desenvolvidos.

Larsa comercializará leite con castañas desenvolvida por un...
Comentarios