domingo. 09.05.2021 |
El tiempo
domingo. 09.05.2021
El tiempo

Líderes: aproban Feijóo, Pontón e Caballero e suspende Tone

Los candidatos a la Xunta
Los candidatos a la Xunta
O presidente mantén a súa boa imaxe entre os galegos mentres a líder nacionalista é a que máis simpatía gaña

A crise sanitaria do coronavirus mellorou a imaxe política de todos os candidatos. Se nas ondas de Infortécnica de marzo tan só aprobaba Alberto Núñez Feijóo, cun 6,3 de valoración, agora os galegos pasan do 5 a Ana Pontón e Gonzalo Caballero, con puntuacións de 5,3 e 5,1, respectivamente. Así, das principais cabezas de lista tan só suspende Antón Tone Gómez Reino, a pesar de que sobe a súa valoración dun 4,3 a un 4,4 respecto de marzo.

Valoración dos candidatos

Nesta evolución de tres meses destaca a boa imaxe de Ana Pontón. A líder e candidata do Bloque, única muller que encabeza unha lista entre os grandes partidos, é a que máis simpatía gaña, ao escalar catro décimas, desde o 4,9 de marzo ao 5,3 actual. Así, amplía algo a brecha sobre un Caballero que tamén salta ao aprobado: do 4,8 ao 5,1. Feijóo, pola súa banda, mantense como o aspirante mellor valorado coa mesma nota que para o 5-A.

En canto ao grao de coñecemento dos candidatos, tamén é a nacionalista Pontón a que experimenta un mellor comportamento con respecto ás frustradas eleccións de abril. A de Sarria salta do 62,3% ao 71,8%.

O resto tamén melloran o seu grao de implantación entre a sociedade, aínda que menos. Tone faio de forma simbólica, do 40,2 da sondaxe de marzo ao 44%; igual que Caballero, que sobe dous puntos, ata o 82,3%. Feijóo, cun grao de coñecemento case total, apenas escala unhas décimas.

Líderes: aproban Feijóo, Pontón e Caballero e suspende Tone
Comentarios