sábado. 18.01.2020 |
El tiempo
sábado. 18.01.2020
El tiempo

Localizan o corpo de sesaxenario nunha cuneta en Santiago

O cadáver foi localizado na mañá deste martes na zona de Lavacolla

Un home de 66 anos de idade foi localizado falecido na mañá deste martes nunha cuneta no termo municipal de Santiago de Compostela.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, sobre as 10.00 horas deste martes o servizo de urxencias recibiu o aviso do 061 da parición dun cadáver nunha cuneta na zona de Lavacolla.

Pola súa banda, o 061 indicou que ás 9,59 horas deste martes a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia recibiu unha alerta por unha caída en Santiago.

Por iso, desprazou ao momento unha ambulancia de soporte vital avanzado para atender a un home, J.L.G., de 66 anos, cuxo falecemento foi confirmado no lugar, indicaron fontes sanitarias.

Ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, foron avisadas a Policía Nacional e a Policía Local. 

Localizan o corpo de sesaxenario nunha cuneta en Santiago