Localizan un corpo sen vida no Alto do Pousadoiro en Vilagarcía

As forzas de seguridade investigan agora as circunstancias que rodean a este suceso así como a identidade da persoa falecida
Pista forestal de Monte Xiabre. TVG
photo_camera Pista forestal de Monte Xiabre. TVG

O cadáver dunha persoa foi atopado no Alto do Pousadoiro, preto da estrada que une as localidades de Caldas e Vilagarcía, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, segundo informa Emerxencias de Galicia.

O achado foi comunicado sobre as dez horas desta mañá por unha persoa ao Centro Integrado de Atención ás Urxencias (CIAE) 112 Galicia.

Desde este centro coordinador pasouse aviso ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiña coñecemento do suceso, e solicitouse a intervención dos axentes da Policía Nacional e Policía Local.

As forzas de seguridade investigan agora as circunstancias que rodearon este suceso así como a identidade da persoa falecida.