Localizan restos óseos en Cerdido, preto de onde desapareceu Yago de la Puente

Barallan a posibilidade de que se trate do mozo da Coruña cuxa pista se perdeu en xullo de 2019 cando regresaba do Festival de Ortigueira 
A pista de Yago de la Puente perdeuse na estación de tren de Cerdido ARCHIVO
photo_camera A pista de Yago de la Puente perdeuse na estación de tren de Cerdido ARCHIVO

Axentes da Garda Civil custodiaron durante a madrugada deste xoves uns restos humanos atopados a última hora da tarde deste mércores no lugar da Casanova, na parroquia da Barqueira do municipio coruñés de Cerdido. A zona foi precintada, para que na mañá deste xoves poidan traballar no lugar axentes da Policía Científica e Policía Xudicial da Benemérita, ademais de forenses, para proceder á retirada dos restos óseos e poder así tratar de determinar a súa identidade. 

Os ósos foron localizados nunha zona aparatada do tres vivendas que compoñen este núcleo rural. Algunhas fontes consultadas barallan que se pode tratar de Yago de la Puente, o mozo da Coruña cuxa pista se perdeu o 14 de xullo de 2019 cando regresaba do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. 

De la Puente trasladábase nun tren de Feve e a súa pista perdeuse na estación de Cerdido, onde algunhas testemuñas aseguraron velo baixarse do convoi. Tras a súa desaparición despregáronse en varias ocasións varios dispositivos de procura, no que participaron Garda Civil, Protección Civil de varias localidades, ademais de familiares e amigos, que non logrou dar co seu paradoiro. 

Entre a estación de tren de Cerdido e o lugar onde apareceron os restos óseos hai menos de dous quilómetros de distancia.