miércoles. 16.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 16.06.2021
El tiempo

Denuncian a privatización de funcións propias das escolas oficiais de idiomas

Una profesora en una escuela de idiomas. AEP
Una profesora en una escuela de idiomas. AEP

Os docentes aseguran que responde á "urxencia propagandística" da Xunta para habilitar máis profesorado para centros plurilingües

A Asociación de Profesorado de Escolas Oficias de Idiomas de Galicia (APEOIGA) mostrou este martes, a través dun comunicado, o seu "rexeitamento e malestar" polas xornadas de certificación de competencia en linguas para profesorado a cargo de entidades privadas que está a organizar o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), por encomenda da Consellería de Educación.

Este colectivo denuncia que estas xornadas "usurpan unha función propia" das escolas oficiais de idiomas (EOI) de Galicia, como é a de certificar a competencia en linguas, que desempeña, segundo destacan, "con persoal altamente cualificado e experiencia dabondo neste eido". Recordan que son ademais quen teñen "a encomenda legal" de ofrecer formación ao profesorado e outros colectivos profesionais.

Na nota, expoñen o caso dunha das entidades privadas (Trinity College), que, segundo denuncian, "só certifica as competencias orais en inglés, cando os exames de certificación das EOI certifican o nivel de xeito global nas súas catro destrezas comunicativas".

Todo isto supón para Apeoiga un "agravio comparativo" para o profesorado que cursou estudos conducentes á certificación de linguas, para o cal tivo que pagar unhas taxas e acumular unha serie de horas dunha formación "esixente".

Detrás desta situación, a asociación ve a "urxencia propagandística" da Consellería para habilitar profesorado para impartir asignaturas en inglés en centros plurilingües, "ignorando –lamentan– uns criterios mínimos de calidade".

E finalmente, Apeoiga expón que recorrer a certificacións privadas supón a "dilapidación dos recursos públicos" e que implica "ignorar de forma consciente a existencia das EOI de Galicia".

Denuncian a privatización de funcións propias das escolas oficiais...
Comentarios