O profesor da USC Luciano Méndez, outra vez na picota por cuestionar un escote

Unha alumna volve denunciar que fixo comentarios machistas cara a súa vestimenta, que xa trasladou ao decanato
Luciano Méndez. EL CORREO GALLEGO
photo_camera Luciano Méndez. EL CORREO GALLEGO

O profesor Luciano Méndez Naya regresou ás aulas da USC acompañado da polémica que o caracteriza. Apenas leva un mes dando clase na Facultade de Económicas e xa volveu a protagonizar un escándalo practicamente calcado ao que lle custou pasarse boa parte do curso pasado sancionado sen impartir docencia: facer comentarios machistas sobre o escote dunha alumna.

Esta vez non foi Alexandra, como hai dous anos e medio, senón Carmen, pero a secuencia é a mesma. O profesor de Matemáticas interrompe a clase para dirixirse a unha alumna en primeira fila á que recrimina levar un escote "excesivo" que o "desconcentra". Ante a reacción airada da aludida e os seus compañeiros, Luciano contraataca cunha actitude máis reprobable, se cabe. "Se queres ensínamas, pero non en clase", espetoulle, segundo denunciou a alumna publicamente a través das súas ‘stories' de Instagram, nunha publicación que xa se fixo viral.

Stories alumna Luciano Méndez

A estudante relata que todos os asistentes a esa clase abandonaron a aula en sinal de protesta excepto un alumno, ao que Luciano diría: "Esta veu co escote porque xa sabe dos meus antecedentes, por iso o fixo".

A moza acudiu ao decanato a denunciar os feitos.

ENÉSIMO ESCÁNDALO. A deste martes é unha muesca máis no historial de alguén que foi polémico por apoiar publicamente á Manada, agredir a unha limpadora da USC, a outra muller coa que quedaba e incluso á Policía Local de Santiago.

Comentarios