miércoles. 12.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 12.08.2020
El tiempo

Luciano Varela, Medalla de Ouro da Irmandade Xurídica Galega pola defensa da lingua

Imaxe da Irmandade Xurídica Galega. TWITTER (DaniG_Uriel)
Imaxe da Irmandade Xurídica Galega. TWITTER (DaniG_Uriel)

O secretario xeral de Política Lingüística encomiou a traxectoria do homenaxeado "tanto no ámbito estritamente xurídico como no do compromiso pola extensión do idioma a este espazo"

O Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela acolleu este sábado a celebración da XI Asemblea da Irmandade Xurídica Galega, en cuxo acto se incorporaron 21 novos membros e o maxistrado do Tribunal Supremo Luciano Varela Castro recibiu a súa insignia de ouro, ademais de ser nomeado Irmandiño de Honra.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, encomiou a traxectoria do homenaxeado "tanto no ámbito estritamente xurídico como no do compromiso pola extensión da lingua galega a este espazo".

Luciano Varela Castro (Pontevedra, 1948) é maxistrado do Tribunal Supremo, e a Irmandade Xurídica Galega acordou concederlle a súa insignia de ouro e nomealo Irmandiño de honra, tal e como se recolle nas actas de reunión da entidade.

As actas destacan "os moitos méritos que nel concorren na defensa do idioma galego, que se concretan na emisión de sentenzas, codirección do Dicionario xurídico galego e a formación de opositores a xudicaturas co seu compañeiro tamén maxistrado Xosé Xoán Barreiro Prado, creadores dunha escola de xuristas preocupados pola nosa identidade cultural e lingüística".

Luciano Varela, Medalla de Ouro da Irmandade Xurídica Galega pola...
Comentarios