miércoles. 02.12.2020 |
El tiempo
miércoles. 02.12.2020
El tiempo

O lume de Monterrei calcina 720 hectáreas e mantense estabilizado

Vista do incendio de Monterrei. EFE
Vista do incendio de Monterrei. EFE
A proximidade das lapas fixo que se activase durante unhas horas a alerta

O lume que afecta á parroquia de Flariz, en Monterrei (Ourense), desde o venres queimou 720 hectáreas, de acordo coas últimas estimacións, que supoñen que este é o incendio máis grande de Galicia no que vai de temporada

O lume está estabilizado desde as 15.20 horas deste domingo, informou a Consellería do Medio Rural. Deste xeito, non constan incendios de máis de 20 hectáreas activos na comunidade galega. 

A Xunta concretou que, coas novas estimacións, das 720 hectáreas afectadas, 450 son de superficie forestal (400 de monte raso e 50 de monte arborado) e as outras 270 son agrícolas. O lume queda a 50 hectáreas de ser considerado gran incendio forestal, categoría na que entran os que superan as 500 hectáreas de monte. 

A proximidade das lapas a algunhas vivendas provocou que se activase durante unhas horas na madrugada do sábado a alerta (situación 2). 

Para colaborar nos labores de extinción mobilizáronse até o momento un técnico, 24 axentes, 56 brigadas, 30 motobombas, dúas pas, nove helicópteros e 12 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). 

Este domingo quedaron extinguidos os incendios que afectaron á parroquia de Vilardemilo, en Viana do Bolo, e á de Queirugás, en Verín, tamén na provincia de Ourense. O primeiro deles queimou 210,47 hectáreas, mentres que o segundo calcinou 143,93 hectáreas. 

En conxunto, este tres incendios arrasaron no últimos cinco días na mesma provincia máis de 1.074 hectáreas. 

O lume de Monterrei calcina 720 hectáreas e mantense estabilizado
Comentarios