Un luns de dúas caras: dos ceos despexados á choiva a última hora

MeteoGalicia
photo_camera MeteoGalicia

Durante esta xornada de luns Galicia atoparase nunha influencia anticiclónica transitoria, esperando unha fronte que chegará na noite dese día ao martes.

Con esta situación, haberá nubes baixas e néboas á primeira hora con choivas débiles no oeste da Coruña, que tenderán a desaparecer a medida que avancen as horas, quedando o ceo moi despexado pola tarde.

Xa pola noite comezarán as precipitacións polo noroeste da comunidade. As temperaturas experimentarán un ascenso, entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán do suroeste, moderados en xeral, con intervalos fortes no extremo norte.

Temperaturas extremas previstas nas cidades
A Coruña 18° 25°, Ferrol 17° 26°, Lugo 14° 26°, Ourense 16° 28°, Pontevedra 17° 25°, Santiago de Compostela 17° 21° e Vigo 17° 26°.

Comentarios