martes. 27.10.2020 |
El tiempo
martes. 27.10.2020
El tiempo

Unha máquina golpea un operario das obras do AVE en San Cibrao das Viñas

Oficinas do 112. EMERXENCIAS GALICIA
Oficinas do 112. EMERXENCIAS GALICIA
Foi evacuado ao hospital en estado consciente, pero cunha forte dor no peito

Un operario foi atendido na madrugada deste mércores polos servizos sanitarios de urxencia logo de recibir un golpe cunha máquina cando traballaba nas obras do AVE, en San Cibrao das Viñas.

Ocorreu á 1:30 horas cerca do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, onde se realizan os traballos para a liña ferroviaria.

De feito, foi un compañeiro do traballador ferido quen contactou co 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente debido ao golpe que recibiu no peito cunha máquina. O persoal do Centro Integrado de Atención ás Urxencias de Galicia avisou a Urxencias Sanitarias-061 e aos axentes da Garda Civil coa fin de coñecer os detalles deste accidente.

Finalmente, o operario foi evacuado ao hospital en estado consciente, pero cunha forte dor no peito. 

Unha máquina golpea un operario das obras do AVE en San Cibrao das...
Comentarios