En Marea e PSdeG piden a demisión da Valedora do Pobo

Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula o nomeamento dunha praza adxudicada de forma arbitraria na institución

Milagros Otero durante el acto de toma de posesión como Valedora do Pobo. EP
photo_camera Milagros Otero durante el acto de toma de posesión como Valedora do Pobo. EP

En Marea e o PSdeG pediron este sábado a renuncia da Valedora do Pobo, Milagros Otero, tras a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula o nomeamento dunha praza adxudicada de forma arbitraria na institución. 

A sentenza do alto tribunal galego anula a praza de xefa do Servizo de Administración e Persoal do Valedor do Pobo, ao recoller na sentenza que Otero intercedeu para outorgarlla a unha candidata, cometendo "arbitrariedade" e "desvío de poder".

EN MAREA. En Marea pediu a dimisión "inmediata" da Valedora. A formación política que lidera Luís Villares indica nun comunicado que a candidata, María Puy Fraga, irmá do actual portavoz parlamentario do Partido Popular de Galicia, Pedro Puy, tiña relación con Milagros Otero. En Marea considera que a valedora "non pode continuar nin un minuto máis como responsable dunha institución que debe de mirar polos dereitos dos galegos".

O portavoz desta formación, Luís Villares, esixe, nun audio, a dimisión de Milagros Otero "pola súa actitude corrupta" e "porque non ten sentido que a presidenta da institución que ten que evitar os abusos de poder, actuase abusando do seu poder para enchufar a xente próxima a ela". Para Villares, ademais do feito de que Otero "enchufase a unha amiga súa", supón "un desprezo polos demais aspirantes ao cargo".

PSDEG. Os socialistas galegos esixen nun comunicado a renuncia da valedora á vista da sentenza do TSXG. O PSdeG sinala que "dado que o alto tribunal galego obriga a repetir a convocatoria alegando que hai sobrados datos de que a elección non se guiou polos principios de igualdade, mérito e capacidade, senón polo desexo de adxudicala a unha das candidatas, os socialistas galegos consideran que a actual valedora "non ebería continuar á fronte dun órgano encargado de velar polos dereitos de todos e todas".

"O Valedor do Pobo debe estar rexido pola lei e garantir a igualdade de oportunidades de toda a cidadanía, polo que esta sentenza de enorme gravidade esixe unha reacción acorde que deixe limpa a imaxe e a ejemplaridad da institución", destaca o PSdeG.