sábado. 18.09.2021 |
El tiempo
sábado. 18.09.2021
El tiempo

En Marea revela que os deputados de Podemos e EU non ceden parte do salario

Villares, junto a Antón Sánchez y Carmen Sánchez. PEPE FERRÍN
Villares, junto a Antón Sánchez y Carmen Sánchez. PEPE FERRÍN

O tope de ingresos para os membros do grupo parlamentario é de 3.000 euros

A coordinadora de En Marea asegura que os deputados autonómicos de Podemos e Esquerda Unida non cumpriron en 2018 coas obrigacións da carta financeira que contempla deben destinar á formación o 50% das cantidades que están obrigados a doar.

Pola súa banda, o secretario xeral do Podemos, Antón Gómez-Reino, defendeu aos seus compañeiros de filas e destacou que "entregan parte do seu salario a cuestións fundamentais como proxectos sociais". 

En concreto, a dirección do partido instrumental remitiu este mércores un comunicado aos medios despois de que un diario vigués asegurase que En Marea ocultaba que deputados incumpren coa obrigación de doar soldo ao partido. 

Luís Villares, Francisco Casal, Davide Rodríguez, Antón Sánchez, Paula Vázquez Verao, Manuel Lago e Flora Miranda están ao día coas obrigas

Respecto diso, aínda que non cita expresamente aos deputados de Podemos e Esquerda Unida, a dirección de En Marea si sinala que neste 2018 os parlamentarios autonómicos que "cumpriron coas obrigacións a respecto de En Marea" son Luís Villares, Francisco Casal, Davide Rodríguez, Antón Sánchez, Manuel Lago, Paula Vázquez Verao e Flora Miranda. 

Segundo esta información, os que non estarían ao corrente coa formación serían todos os de Podemos –Carmen Santos, Luca Chao, Marcos Cal, Julia Torregrosa e Paula Quinteiro– así como os de Esquerda Unida, Eva Solla e Ánxeles Cuña.

En concreto, conforme lembrou a dirección de En Marea, as persoas que integran o grupo parlamentario teñen un tope de ingresos netos que non poden superar unha vez deducidas todas as partidas de gastos da actividade parlamentaria. En concreto, está fixado en 3.000 euros. 

"Os deputados teñen a obrigación de ceder parte dos seus emolumentos, estando estipulado que como mínimo o 50% debe ser a En Marea e o restante a asociacións sen ánimo de lucro, tipo ONGs, ou aos seus partidos de orixe", indicou.

Gómez-Reino apoia aos seus compañeiros de filas
O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, asegurou que o sete deputados da formación morada en Galicia "entregan unha parte do seu salario a cuestións fundamentais, como son proxectos sociais". 

"En Podemos estamos moi orgullosos de facer algo que ninguén facía até agora, que é que unha parte importante dos salarios da organización vaian a estritamente a proxectos de ámbito social", sinalou antes de lembrar o Programa Impulsa posto en marcha pola formación morada. 

Así mesmo, preguntado sobre se o conflito sobre a carta financeira se enmarca na campaña interna que En Marea está a celebrar para renovar á súa dirección, Gómez-Reino esperou que neste proceso se confronten "ideas e proxectos políticos". "O demais é algo que non é especialmente produtivo e que non debería estar no marco da axenda", apuntou.

Tamén se referiu ás críticas realizadas polo actual portavoz, Luís Villares, que acusa a Podemos de querer tutelar a En Marea. "Creo que non pode ser que Podemos sexa un problema cando está e cando non está", replicou o líder da formación morada en Galicia. 

"Para nós é fundamental que Podemos Galicia se implique co espazo do cambio en Galicia e, por tanto, creo que todo o demais está fóra de lugar", indicou.

RENDICIÓN DE CONTAS. Gómez-Reino participou xunto aos restantes deputados de En Marea no Congreso –agás Alexandra Fernández– nun acto de rendición de contas en Santiago de Compostela. "Seguimos co programa de rendición de contas do traballo no Congreso e no Senado", indicou.

En Marea revela que os deputados de Podemos e EU non ceden parte do...
Comentarios