jueves. 04.06.2020 |
El tiempo
jueves. 04.06.2020
El tiempo

En Marea rexeita unha alianza con Más País en Galicia para as xerais

Luís Villares. ÓSCAR CORRAL
Luís Villares. ÓSCAR CORRAL
Alegan "dificultades" para que a iniciativa de Errejón asuma "unha auténtica axenda galega" e un marco "verdadeiramente confederal"

O Consello das Mareas rexeitou unha alianza electoral con Más País, a plataforma de Íñigo Errejón, de cara ás eleccións xerais do próximo 10 de novembro polas "dificultades" atopadas para que a iniciativa do fundador de Podemos asumise "unha auténtica axenda galega" e un marco "verdadeiramente confederal". 

A través dun comunicado remitido este domingo, o partido que lidera Luís Villares insiste en que a súa "prioridade" é conformar unha candidatura "única" de forzas "progresistas" galegas. 

"Desde En Marea emprazamos ás demais forzas progresistas galegas a sumarse" a unha lista unitaria "co obxectivo de conseguir unha axenda política propia no Congreso e, ao tempo, desenvolver unha axenda social e democrática que atenda ás emerxencias" da Comunidade, manifesta o partido. 

Ademais, volveu a mencionar a Anova e a Compromiso por Galicia e celebra que o seu chamamento "tivo eco" nestes partidos. Con todo, a formación liderada por Antón Sánchez mantén conversacións para conformar unha candidatura cos seus socios no Parlamengo de Galicia, Podemos e Esquerda Unida (EU), despois de que todos eles decidisen desligarse por completo de En Marea nos últimos meses. 

De feito, o partido de Luís Villares concorreu en solitario ás eleccións xerais do pasado 28 de abril e obtivo nelas menos de 18.000 votos. Nesa cita, Anova decidiu non presentarse por non alcanzar un acordo con Podemos e EU, que obtiveron dous escanos baixo a plataforma Galicia en Común. 

En Marea rexeita unha alianza con Más País en Galicia para as xerais
Comentarios